
02 decembro 2009
O Instituto Tecnolóxico Empresarial de Caixa Galicia (ITE Caixa Galicia) puxo en marcha a súa propia canle de televisión a través de Internet.
Con esta iniciativa permitirase difundir, no conxunto da sociedade, o coñecemento empresarial impartido desde esta escola de negocios.
Canle TV ITE é a primeira canle de televisión dunha escola de negocios galega e ofrece aos profesionais e directivos da comunidade autónoma un novo medio de formación, onde acceder ao coñecemento dos mellores expertos e gurús de moi diferentes materias.
Actualmente, a través da Canle TV ITE pódese acceder a relatorios de expertos como Xavier Mena, Oriol Amat, Jose María Gasalla ou Luis Huete, entre outros.
Ademais, a Canle TV ITE aproveita todo o potencial das novas tecnoloxías e ponas ao servizo da formación, permitindo a emisión en directo de conferencias, relatorios e outras actividades formativas que se organicen.
O desenvolvemento deste innovador sistema foi realizado por Lambdastream, empresa líder no desenvolvemento de tecnoloxías para facilitar a televisión persoal interactiva a través de novos medios tecnolóxicos como Internet.
Acceso á Canle TV ITE Caixa Galicia
Aberta a inscrición
Investiu 1 millón de euros nas instalacións
Caixa Galicia cede o seu local da rúa Parrote a esta ONG para recadar fondos e atender a persoas en situación de vulnerabilidade social. Estará aberto ata finais de setembro
O centro leva oito anos difundindo o uso das novas tecnoloxías da comunicación nesta cidade
Catro millóns de persoas benefícianse cada ano das instalacións da súa rede de 92 centros sociais e culturais en Galicia
A caixa galega reforza accións anticíclicas para combater o desemprego
O Centro Xerontolóxico mellora e personaliza a atención sociosanitaria a persoas con trastornos de comportamento
Editou tres publicacións sobre dependencia, avellentamento activo e saudable, e estimulación cognitiva de persoas maiores
Organizada en colaboración coa Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría
Tamén elaborou unha guía especial Ano Xacobeo: practica un camiño sostible
Pódese descargar gratuitamente dunha web interactiva na que ademais as persoas maiores poden participar publicando as súas lembranzas, vivencias e anécdotas.
Xa podes solicitar a publicación deste programa, posto en marcha por Obra Social Caixa Galicia, para mellorar a atención e a memoria de persoas maiores
© 2008 Obra Social Caixa Galicia . Todos os dereitos reservados.