
09 novembro 2009
Obra Social Caixa Galicia vén de adxudicar a cuarta convocatoria de axudas sociais, seleccionando 31 proxectos das 187 solicitudes presentadas.
O programa da caixa galega distribúe un investimento social de 550.000 euros, que terá como beneficiarias 25.500 persoas.
Os proxectos elixidos permitirán a xeración ou o mantemento de 1.000 empregos directos.
A convocatoria de axudas sociais é un instrumento máis para desenvolver os obxectivos estratéxicos da acción social de Caixa Galicia para este ano, un ano no que se decidiu centrar esforzos e programas en axudar os máis desfavorecidos e impulsar todos aqueles proxectos que primen a creación de emprego.
Desta forma, segundo o director de Obra Social Caixa Galicia Manuel Aguilar "a entidade segue a demostrar o carácter social que a caracterizou dende o seu nacemento e cunha maior intensidade en épocas marcadas por circunstancias máis adversas e por situacións moi precarias para moita xente, precisamente todos aqueles aos que nos diriximos dende as nosas accións propias ou en colaboración coas entidades sociais que traballan directamente con estes colectivos".
Con esta perspectiva, dos 31 proxectos que Obra Social Caixa Galicia vai subvencionar a través desta convocatoria, a maior parte deles, 18, beneficiarán a colectivos vulnerables e especialmente afectados pola crise, as entidades que traballan neste campo dedicarán o importe das axudas a comedores sociais, atención a persoas sen recursos, formación e empresas de inserción, atención a persoas con drogodependencia, a mulleres vítimas de prostitución e á infancia máis desfavorecida.
Os 13 proxectos restantes son de emprego e atención a persoas con discapacidade e enfermidade mental e irán destinadas a residencias e equipamentos, servizos de inserción e intermediación laboral, a centros especiais de emprego e a transporte e campamentos estivais.
A selección realizada primou as entidades que traballan de forma fundamental con colectivos especialmente afectados pola crise.
Sabela Couceiro, responsable dos programas de inclusión de Caixa Galicia sinalou ao respecto "nas circunstancias actuais, Obra Social Caixa Galicia elixiu os programas que beneficiarían as persoas máis necesitadas, na convocatoria seguen tendo gran peso as entidades que traballan con discapacitados pero, este ano, o primeiro lugar ocúpano as entidades que axudan os máis desfavorecidos, desta forma por primeira vez na convocatoria de axudas sociais subvenciónanse fogares de transeúntes e comedores sociais".
O orzamento anual medio da trintena de entidades seleccionadas é superior ao millón de euros, contan cunha media de 31 empregados e teñen un número aproximado de 95 voluntarios colaborando cos proxectos que desenvolven.
As entidades seleccionadas realizan o seu traballo nas catro provincias galegas e un bo número delas traballa no eido galego.
Consulta a listaxe de entidades e proxectos seleccionados
Catro convocatorias, máis de catro millóns de euros
Coa IV convocatoria de axudas sociais, acordada na última Comisión de Obra Social, Caixa Galicia investiu dende o inicio do programa en 2006, máis de catro millóns de euros en apoiar preto de 300 proxectos que tiveron 67.800 beneficiarios e que permitiron a consecución de 5.500 empregos en colectivos de difícil posibilidades de emprego.
Obra Social Caixa Galicia ten unha especial relación coas organizacións sociais que traballan en Galicia non só a través desta convocatoria senón tamén, a través do portal socialia.org, dun ambicioso plan de formación e do fomento de voluntariado. Socialia.org conta con 2.000 ONG inscritas, o 45% delas son de fóra de Galicia.
No programa de formación Socialia Calidad, 94 ONG formáronse en xestión de calidade; o vindeiro ano 2010, 80 delas terán obtido certificacións de calidade segundo a norma ISO 9001 ou EFQM, o que converte a Caixa Galicia na entidade líder en España da calidade nos servizos sociais.
Outra das liñas de traballo con organizacións sociais é Solidarízate-Voluntariado, unha plataforma para a captación de voluntarios, articulada a través dunha exposición de rúa nas actividades da cal participaron 1.500 persoas, e mais dunha web que difunde as demandas de persoas voluntarias que teñen as ONG e outras fórmulas de participación solidarias.
Aberta a inscrición
Investiu 1 millón de euros nas instalacións
Caixa Galicia cede o seu local da rúa Parrote a esta ONG para recadar fondos e atender a persoas en situación de vulnerabilidade social. Estará aberto ata finais de setembro
O centro leva oito anos difundindo o uso das novas tecnoloxías da comunicación nesta cidade
Catro millóns de persoas benefícianse cada ano das instalacións da súa rede de 92 centros sociais e culturais en Galicia
A caixa galega reforza accións anticíclicas para combater o desemprego
O Centro Xerontolóxico mellora e personaliza a atención sociosanitaria a persoas con trastornos de comportamento
Editou tres publicacións sobre dependencia, avellentamento activo e saudable, e estimulación cognitiva de persoas maiores
Organizada en colaboración coa Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría
Tamén elaborou unha guía especial Ano Xacobeo: practica un camiño sostible
Pódese descargar gratuitamente dunha web interactiva na que ademais as persoas maiores poden participar publicando as súas lembranzas, vivencias e anécdotas.
Xa podes solicitar a publicación deste programa, posto en marcha por Obra Social Caixa Galicia, para mellorar a atención e a memoria de persoas maiores
© 2008 Obra Social Caixa Galicia . Todos os dereitos reservados.