Enlace a paxina de inicio

Caixa Galicia doa 80 furgonetas a ONG para atender a 50.000 beneficiarios

Furgonetas

Facilitarán o desprazamento de persoas en situación de vulnerabilidade favorecendo así a súa integración social e laboral

06 maio 2009

Obra Social Caixa Galicia pon en marcha a maior campaña “sobre rodas” para axudar as organizacións sociais que traballan con colectivos vulnerables.

O 7 de maio comeza en Oviedo a entrega dos primeros vehículos a ONGs.

En total, 80 ONG de dez comunidades autónomas (Andalucía, Extremadura, Valencia, Murcia, Castela e León, Canarias, Aragón, Cantabria, Asturias e Castela A Mancha) recibirán unha furgoneta da Obra Social Caixa Galicia.

As furgonetas facilitarán o desprazamento de persoas en situación de vulnerabilidade  eliminándose as barreiras coas que se encontran a diario para acceder ás súas actividades de lecer, tempo libre, emprego ou formación.

Máis de 50.000 usuarios beneficiaranse desta iniciativa ao favorecerse a súa integración social e laboral.

Obra Social Caixa Galicia investiu un total de 2.000.000 de euros para cofinanciar coas ONGs o arrendamento destes vehículos en modalidade de renting, co obxectivo de asegurar un mantemento de calidade nas frotas de furgonetas.

Os vehículos que Caixa Galicia entrega ás ONGs seleccionadas son furgonetas VW Transporter Kombi de 9 prazas e con aire acondicionado.

Caixa Galicia puxo en marcha en 2008 a primeira convocatoria para facilitar a ONG españolas a compra de vehículos adaptados que as axuden a realizar a súa actividade diaria.

Nestes dous anos, investíronse un total de 4 millóns de euros na adquisición de 158 furgonetas.

Listaxe de entidades beneficiarias dos vehículos de Caixa Galicia

Novas  RSS

Cursos en Ciberalia A Coruña e Lugo. Setembro - Outubro 2010

06-set-2010

Aberta a inscrición

Caixa Galicia inaugura un centro para a atención de enfermos de alzhéimer en Ribeira

03-set-2010

Investiu 1 millón de euros nas instalacións

Mercado Solidario de Cáritas na Coruña

01-set-2010

Caixa Galicia cede o seu local da rúa Parrote a esta ONG para recadar fondos e atender a persoas en situación de vulnerabilidade social. Estará aberto ata finais de setembro

Dez mil persoas utilizaron o Ciberalia de Caixa Galicia en Lugo no primeiro semestre

31-ago-2010

O centro leva oito anos difundindo o uso das novas tecnoloxías da comunicación nesta cidade

Caixa Galicia, segunda entidade con maior patrimonio sociocultural en España

20-xul-2010

Catro millóns de persoas benefícianse cada ano das instalacións da súa rede de 92 centros sociais e culturais en Galicia

Caixa Galicia alcanza o cuarto posto en investimento social entre as caixas españolas

15-xul-2010

A caixa galega reforza accións anticíclicas para combater o desemprego

Caixa Galicia e Euxa-Eulen inauguran unha nova unidade psicoxeriátrica en Euxa-Narón

14-xul-2010

O Centro Xerontolóxico mellora e personaliza a atención sociosanitaria a persoas con trastornos de comportamento

Obra Social Caixa Galicia impulsa a investigación xerontolóxica

30-abr-2010

Editou tres publicacións sobre dependencia, avellentamento activo e saudable, e estimulación cognitiva de persoas maiores

“Imaxes con imaxinación: unha ollada ao futuro”, exposición fotográfica nos Centros de Maiores de Obra Social Caixa Galicia

27-abr-2010

Organizada en colaboración coa Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría

Caixa Galicia presenta tres guías con consellos verdes para o teu traballo e a túa casa

26-mar-2010

Tamén elaborou unha guía especial Ano Xacobeo: practica un camiño sostible

Presentación do libro “Memoria de Galicia. Un Estímulo para el recuerdo”

17-dec-2008

Pódese descargar gratuitamente dunha web interactiva na que ademais as persoas maiores poden participar publicando as súas lembranzas, vivencias e anécdotas.

Publicado o material didáctico “Memoria en Movemento"

12-xuñ-2008

Xa podes solicitar a publicación deste programa, posto en marcha por Obra Social Caixa Galicia, para mellorar a atención e a memoria de persoas maiores

© 2008 Obra Social Caixa Galicia . Todos os dereitos reservados.