Enlace a paxina de inicio

Aberta a inscrición nas actividades dos Centros de Maiores de Caixa Galicia

Pareja de mayores

Tai-chi, ioga, pilates, obradoiros de informática e traballos manuais… comezarán en xaneiro

22 decembro 2009

No mes de xaneiro darán comezo as novas actividades socioculturais que a Obra Social Caixa Galicia organiza na súa rede de Centros de Maiores para ofrecer unha alternativa de lecer saudable a persoas maiores de 55 anos.

A ampla programación de actividades está enfocada a favorecer a autonomía das persoas maiores e, polo tanto, a mellorar a súa calidade de vida adecuándose ás súas preferencias, intereses e posibilidades.

Actividades

Os obradoiros programados por Obra Social Caixa Galicia fomentan a actividade física, a saúde, a creatividade, as habilidades sociais e a exercitación da memoria das persoas maiores para que así manteñan o seu benestar físico e mental.

As actividades con máis éxito de demanda son as relacionadas coa actividade física, polos beneficios que achegan á saúde o tai-chi, ioga, chi-kung, pilates, bioximnasia, …

Para adestrar e manter activa a mente programáronse obradoiros de exercitación de memoria, aprendizaxe de idiomas, obradoiro literario, obradoiro de xornalismo… Ademais, tamén poden participar en obradoiros de teatro, guiñol, risoterapia

E para desenvolver as súas habilidades manuais, potenciar a súa imaxinación e creatividade, os maiores tamén poden anotarse, na rede de Centros de Maiores de Obra Social Caixa Galicia, a diversos obradoiros de manualidades: bordado e traballo de retallos, encaixe de palillos, pintura ao óleo,…

A aprendizaxe de novas tecnoloxías é, así mesmo, posible nas ciberaulas dos centros de maiores. Ademais de dispoñer de acceso libre a equipos informáticos e a internet, Obra Social Caixa Galicia ten programados cursos de iniciación á informática, a internet, ao correo electrónico e ao manexo da fotografía dixital.

Pre-inscrición

As actividades comenzarán en xaneiro. As prazas son limitadas. As persoas maiores que desexen participar nalgunha actividade deben dirixirse ao seu centro máis próximo para realizar os trámites de matrícula.

Chama ou achégate ao Centro de Maiores da túa localidade!

Centro de Maiores da Coruña. Rúa Alta, 7. Teléfono: 981 227 677

Centro de Maiores de Betanzos. Cantón de San Roque 3. Teléfono: 981 772 911

Centro de Maiores de Ferrol. Avda. de Vigo, 192, baixo. Teléfono: 981 323 378

Centro de Maiores de Pontedeume. Ferreiros, 20. Teléfono: 981 431 304

Centro de Maiores de Santiago de Compostela. Carreira do Conde, 18-baixo. Teléfono: 981 580 385

Centro de Maiores de Lugo. Carril do Mercado, 1. Teléfono: 982 241 878

Centro de Maiores de Monforte de Lemos. Cardenal Rodrigo de Castro, 18. Teléfono: 982 402 853

Centro de Maiores de Viveiro. Avda. Marina, 49. Teléfono: 982 560 798

Centro de Maiores de Ourense. Rúa do Paseo, 6. Teléfono: 988 236 303

Centro de Maiores de Pontevedra. Praza San José, 3. Teléfono: 986 864 185

Novas  RSS

Cursos en Ciberalia A Coruña e Lugo. Setembro - Outubro 2010

06-set-2010

Aberta a inscrición

Caixa Galicia inaugura un centro para a atención de enfermos de alzhéimer en Ribeira

03-set-2010

Investiu 1 millón de euros nas instalacións

Mercado Solidario de Cáritas na Coruña

01-set-2010

Caixa Galicia cede o seu local da rúa Parrote a esta ONG para recadar fondos e atender a persoas en situación de vulnerabilidade social. Estará aberto ata finais de setembro

Dez mil persoas utilizaron o Ciberalia de Caixa Galicia en Lugo no primeiro semestre

31-ago-2010

O centro leva oito anos difundindo o uso das novas tecnoloxías da comunicación nesta cidade

Caixa Galicia, segunda entidade con maior patrimonio sociocultural en España

20-xul-2010

Catro millóns de persoas benefícianse cada ano das instalacións da súa rede de 92 centros sociais e culturais en Galicia

Caixa Galicia alcanza o cuarto posto en investimento social entre as caixas españolas

15-xul-2010

A caixa galega reforza accións anticíclicas para combater o desemprego

Caixa Galicia e Euxa-Eulen inauguran unha nova unidade psicoxeriátrica en Euxa-Narón

14-xul-2010

O Centro Xerontolóxico mellora e personaliza a atención sociosanitaria a persoas con trastornos de comportamento

Obra Social Caixa Galicia impulsa a investigación xerontolóxica

30-abr-2010

Editou tres publicacións sobre dependencia, avellentamento activo e saudable, e estimulación cognitiva de persoas maiores

“Imaxes con imaxinación: unha ollada ao futuro”, exposición fotográfica nos Centros de Maiores de Obra Social Caixa Galicia

27-abr-2010

Organizada en colaboración coa Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría

Caixa Galicia presenta tres guías con consellos verdes para o teu traballo e a túa casa

26-mar-2010

Tamén elaborou unha guía especial Ano Xacobeo: practica un camiño sostible

Presentación do libro “Memoria de Galicia. Un Estímulo para el recuerdo”

17-dec-2008

Pódese descargar gratuitamente dunha web interactiva na que ademais as persoas maiores poden participar publicando as súas lembranzas, vivencias e anécdotas.

Publicado o material didáctico “Memoria en Movemento"

12-xuñ-2008

Xa podes solicitar a publicación deste programa, posto en marcha por Obra Social Caixa Galicia, para mellorar a atención e a memoria de persoas maiores

© 2008 Obra Social Caixa Galicia . Todos os dereitos reservados.