Enlace a paxina de inicio

Caixa Galicia inviste en 13 proxectos sociais que beneficiarán a 30.000 persoas con discapacidade

Beneficiarios de Axudas Sociais 2009, sinatura de convenios entidades discapacidade

A IV convocatoria de axudas a proxectos sociais de Obra Social Caixa Galicia, no eido da discapacidade, destina as súas subvencións a residencias e equipamentos, servizos de inserción e intermediación laboral, a centros especiais de emprego e a transporte e a actividades de lecer e tempo libre

16 decembro 2009

Obra Social Caixa Galicia aprobou un investimento de 344.000 euros para financiar 13 proxectos sociais que beneficiarán a 32.000 persoas con discapacidade física, psíquica e sensorial.

A IV Convocatoria de Axudas a Proxectos Sociais de Obra Social Caixa Galicia, no eido da discapacidade, destina as súas subvencións a residencias e equipamentos, servizos de inserción e intermediación laboral, a centros especiais de emprego e a transporte e a actividades de lecer e tempo libre para persoas con discapacidade.

O total da convocatoria son 550.000 euros e 31 proxectos, os 18 restantes van dirixidos a entidades que traballan con colectivos vulnerables e especialmente afectados pola crise. 

As entidades seleccionadas, entre as que se encontran 4 federacións que desenvolverán as súas actuacións en toda Galicia, xestionan un total de 19 millóns de euros anuais, contan con 670 empregados e 1.183 voluntarios.

Segundo datos destas entidades, os proxectos apoiados por Obra Social beneficiarán a máis de 30.000 persoas e prevén xerar máis de 975 empregos directos.

O 77% das entidades seleccionadas contan con todos ou algún dos seus servizos certificados segundo a norma de calidade ISO 9001 e 4 delas co selo EFQM. Estes datos son unha mostra da aposta que dende este sector se está realizando en Galicia pola prestación de servizos de calidade e da importancia outorgada por Caixa Galicia a este aspecto, tanto na selección de proxectos, como na preparación das entidades para este reto, xa que todas elas participaron nalgún dos programas de formación de Socialia Calidade.

A convocatoria de axudas sociais é un instrumento máis para desenvolver os obxectivos estratéxicos da acción social de Caixa Galicia para este ano, un ano no que se decidiu centrar esforzos e programas en axudar os máis desfavorecidos e impulsar todos aqueles proxectos que primen a creación de emprego, especialmente nun eido tan necesitado como o da discapacidade.

Máis información sobre a Resolución da IV Convocatoria de Axudas Sociais

Novas  RSS

Cursos en Ciberalia A Coruña e Lugo. Setembro - Outubro 2010

06-set-2010

Aberta a inscrición

Caixa Galicia inaugura un centro para a atención de enfermos de alzhéimer en Ribeira

03-set-2010

Investiu 1 millón de euros nas instalacións

Mercado Solidario de Cáritas na Coruña

01-set-2010

Caixa Galicia cede o seu local da rúa Parrote a esta ONG para recadar fondos e atender a persoas en situación de vulnerabilidade social. Estará aberto ata finais de setembro

Dez mil persoas utilizaron o Ciberalia de Caixa Galicia en Lugo no primeiro semestre

31-ago-2010

O centro leva oito anos difundindo o uso das novas tecnoloxías da comunicación nesta cidade

Caixa Galicia, segunda entidade con maior patrimonio sociocultural en España

20-xul-2010

Catro millóns de persoas benefícianse cada ano das instalacións da súa rede de 92 centros sociais e culturais en Galicia

Caixa Galicia alcanza o cuarto posto en investimento social entre as caixas españolas

15-xul-2010

A caixa galega reforza accións anticíclicas para combater o desemprego

Caixa Galicia e Euxa-Eulen inauguran unha nova unidade psicoxeriátrica en Euxa-Narón

14-xul-2010

O Centro Xerontolóxico mellora e personaliza a atención sociosanitaria a persoas con trastornos de comportamento

Obra Social Caixa Galicia impulsa a investigación xerontolóxica

30-abr-2010

Editou tres publicacións sobre dependencia, avellentamento activo e saudable, e estimulación cognitiva de persoas maiores

“Imaxes con imaxinación: unha ollada ao futuro”, exposición fotográfica nos Centros de Maiores de Obra Social Caixa Galicia

27-abr-2010

Organizada en colaboración coa Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría

Caixa Galicia presenta tres guías con consellos verdes para o teu traballo e a túa casa

26-mar-2010

Tamén elaborou unha guía especial Ano Xacobeo: practica un camiño sostible

Presentación do libro “Memoria de Galicia. Un Estímulo para el recuerdo”

17-dec-2008

Pódese descargar gratuitamente dunha web interactiva na que ademais as persoas maiores poden participar publicando as súas lembranzas, vivencias e anécdotas.

Publicado o material didáctico “Memoria en Movemento"

12-xuñ-2008

Xa podes solicitar a publicación deste programa, posto en marcha por Obra Social Caixa Galicia, para mellorar a atención e a memoria de persoas maiores

© 2008 Obra Social Caixa Galicia . Todos os dereitos reservados.