
18 xaneiro 2010
Caixa Galicia abriu unha conta para recadar fondos destinados a proporcionar axuda á poboación de Haití.
Caixa Galicia no eido da súa Obra Social decidiu realizar un ingreso de 100.000 euros.
Esta cantidade, xunto cos fondos ingresados por particulares, doarase a Cruz Vermella Española para a fase de reconstrución.
Suma o teu ingreso na conta de Caixa Galicia!:
2091 / 0000 / 34 / 3040192134 - “Emerxencia Haití”
Tamén podes colaborar directamente facendo o teu ingreso nas contas que diferentes ONG teñen abertas en Caixa Galicia para esta emerxencia. Acceder ás contas doutras ONG
Dedución fiscal
As persoas que desexen beneficiarse das posibles deducións fiscais que poida supoñer esta doazón terán que solicitar un certificado dirixíndose directamente ás ONG correspondentes, xuntando o xustificante de ingreso no que conste o seu nome completo e NIF.
No caso de que a doazón se realice na conta de Caixa Galicia "Emerxencía Haití", o certificado haberá de solicitarse á Cruz Vermella Española.
Caixa Galicia cede o seu local da rúa Parrote a esta ONG para recadar fondos e atender a persoas en situación de vulnerabilidade social. Estará aberto ata finais de setembro
O centro leva oito anos difundindo o uso das novas tecnoloxías da comunicación nesta cidade
Dende 2005 investiu máis de 700.000 €, participaron 114 ONG e formáronse máis de 1.100 profesionais
Podes participar ata o 31 de agosto
Acolleu exposicións variadas pero especialmente de divulgación e concienciación medioambiental
Catro millóns de persoas benefícianse cada ano das instalacións da súa rede de 92 centros sociais e culturais en Galicia
A caixa galega reforza accións anticíclicas para combater o desemprego
O Centro Xerontolóxico mellora e personaliza a atención sociosanitaria a persoas con trastornos de comportamento
Será intensivo e semipresencial. Os alumnos poderán presentarse a un exame extraordinario o 2 de setembro
O investimento en programas e accións que xeren emprego é unha das liñas estratéxicas da súa acción social
Organizada en colaboración coa Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría
Tamén elaborou unha guía especial Ano Xacobeo: practica un camiño sostible
© 2008 Obra Social Caixa Galicia . Todos os dereitos reservados.