Enlace a paxina de inicio

Conferencia de Isabel González Lado: "Xantando en familia"

O xoves 18 de marzo na Coruña

16 marzo 2010

 Obra Social Caixa Galicia colabora con USP Fundación Alex, pertencente a USP Hospital Santa Teresa, no desenvolvemento do programa “Tempo e espazos para pais”, unha escola de pais que se está a desenvolver na Coruña ao longo deste ano.

Especialistas de recoñecido prestixio e experiencia abordan, a través de 10 sesións, varios temas de actualidade e interese para os pais como educadores.

Á vez, co fin de que os pais aprendan a influír positivamente nos seus fillos, crearase unha rede de apoio continuada, dirixida por unha psicóloga e unha pedagoga, para crear espazos onde compartir pensamentos, sentimentos, experiencias e teorías sobre a educación.

PROGRAMA DE CONFERENCIAS Escola de Pais 2009/2010 (entrada libre):

18 marzo 2010 .“Xantando en familia”.

Isabel González Lado. Médico Psiquiatra da Unidade de Trastornos da Alimentación do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

19.30 horas. Aula de Cultura Caixa Galicia .R/ Médico Rodríguez, 2-4. A Coruña.

USP Fundación Alex

Fundación Alex é unha institución sen ánimo de lucro que nace en xullo de 2006 grazas á sensibilidade e ao esforzo de todos os que forman parte de USP Hospitais por comprometerse socialmente e de forma desinteresada con quen máis o necesita, os nenos, e co ben máis prezado, a saúde.

A fundación recolle as actividades de acción social que, durante estes anos, se puxeron en marcha dende os hospitais, organízaas no marco dunha política de responsabilidade social corporativa ordenada e coherente, e á vez crea unha plataforma para impulsar novas iniciativas e proxectos de investigación, formación e divulgación relacionados coa saúde e cunha especial atención á infancia.

Novas  RSS

Cursos en Ciberalia A Coruña e Lugo. Setembro - Outubro 2010

06-set-2010

Aberta a inscrición

Caixa Galicia inaugura un centro para a atención de enfermos de alzhéimer en Ribeira

03-set-2010

Investiu 1 millón de euros nas instalacións

Mercado Solidario de Cáritas na Coruña

01-set-2010

Caixa Galicia cede o seu local da rúa Parrote a esta ONG para recadar fondos e atender a persoas en situación de vulnerabilidade social. Estará aberto ata finais de setembro

Dez mil persoas utilizaron o Ciberalia de Caixa Galicia en Lugo no primeiro semestre

31-ago-2010

O centro leva oito anos difundindo o uso das novas tecnoloxías da comunicación nesta cidade

Caixa Galicia, segunda entidade con maior patrimonio sociocultural en España

20-xul-2010

Catro millóns de persoas benefícianse cada ano das instalacións da súa rede de 92 centros sociais e culturais en Galicia

Caixa Galicia alcanza o cuarto posto en investimento social entre as caixas españolas

15-xul-2010

A caixa galega reforza accións anticíclicas para combater o desemprego

Caixa Galicia e Euxa-Eulen inauguran unha nova unidade psicoxeriátrica en Euxa-Narón

14-xul-2010

O Centro Xerontolóxico mellora e personaliza a atención sociosanitaria a persoas con trastornos de comportamento

Obra Social Caixa Galicia impulsa a investigación xerontolóxica

30-abr-2010

Editou tres publicacións sobre dependencia, avellentamento activo e saudable, e estimulación cognitiva de persoas maiores

“Imaxes con imaxinación: unha ollada ao futuro”, exposición fotográfica nos Centros de Maiores de Obra Social Caixa Galicia

27-abr-2010

Organizada en colaboración coa Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría

Caixa Galicia presenta tres guías con consellos verdes para o teu traballo e a túa casa

26-mar-2010

Tamén elaborou unha guía especial Ano Xacobeo: practica un camiño sostible

Presentación do libro “Memoria de Galicia. Un Estímulo para el recuerdo”

17-dec-2008

Pódese descargar gratuitamente dunha web interactiva na que ademais as persoas maiores poden participar publicando as súas lembranzas, vivencias e anécdotas.

Publicado o material didáctico “Memoria en Movemento"

12-xuñ-2008

Xa podes solicitar a publicación deste programa, posto en marcha por Obra Social Caixa Galicia, para mellorar a atención e a memoria de persoas maiores

© 2008 Obra Social Caixa Galicia . Todos os dereitos reservados.