
02 febreiro 2010
Voluntarios de Caixa Galicia repartiron preto de 200 xoguetes en hospitais de Santiago de Compostela, Vigo, A Coruña e Madrid, nunha iniciativa dirixida a nenos de todas as idades e que baixo as indicacións do persoal sanitario fixo posible o obxectivo de alegrar a convalecencia a decenas de infantes.
Os xoguetes foron recompilados durante o mes de xaneiro entre todo o seu persoal e logo entregáronse a nenos con diversas doenzas dos hospitais Clínico de Santiago de Compostela, Ramón e Cajal de Madrid, Xeral Cíes de Vigo e Materno Infantil da Coruña.
Segundo ano do programa de Voluntariado Corporativo de Caixa Galicia
Con esta iniciativa comeza o segundo ano de vida do programa de Voluntariado Corporativo de Caixa Galicia, nacido en abril de 2009 en liña coa súa política de Responsabilidade Social Corporativa, e co que Caixa Galicia pretende facilitar aos seus empregados a participación en iniciativas altruístas.
O programa creouse tras unha consulta interna que permitiu analizar a disposición tanto dos seus empregados activos como da súa asociación de xubilados cara a este tipo de iniciativas, o que facilitou á entidade unha orientación das súas propostas acorde cos intereses dos 900 empregados que se pronunciaron favorables a participar.
Iniciativas realizadas
Ata a data promovéronse diversas experiencias piloto que foron desde campañas de doazón de sangue, coa participación de 86 empregados, ata a entrega de 100 cestas de Nadal á Cociña Económica.
Das iniciativas propostas pola entidade optouse inicialmente por aquelas que permitisen unha participación puntual en que se conciliase a diversión co altruísmo, con exemplos como a participación en talleres lúdicos con persoas discapacitadas, unha ruta multicultural en bicicleta ou a oferta de vacacións solidarias, que a caixa galega apoiou doando un día de vacacións adicional aos participantes.
Para Caixa Galicia, este programa descobre novas formas de socializar os seus empregados, tal e como leva facendo o seu club de empregados, Club Caixa, desde hai máis de 30 anos, conectando aos seus empregados con iniciativas de lecer que fomenten as relacións persoais alén do ámbito estritamente profesional.
Así mesmo, no ámbito da solidariedade, Caixa Galicia recoñece que o seu programa de Voluntariado Corporativo é unha excelente oportunidade para involucrar os seus empregados na cultura do asociacionismo e a colaboración cidadá, en liña coa aposta que Obra Social Caixa Galicia fixo durante todo o ano 2009 coa campaña “Solidarízate”, que permitiu vincular máis de 140 oenegués con 700 novos voluntarios do territorio galego.
Aberta a inscrición
Investiu 1 millón de euros nas instalacións
Caixa Galicia cede o seu local da rúa Parrote a esta ONG para recadar fondos e atender a persoas en situación de vulnerabilidade social. Estará aberto ata finais de setembro
O centro leva oito anos difundindo o uso das novas tecnoloxías da comunicación nesta cidade
Catro millóns de persoas benefícianse cada ano das instalacións da súa rede de 92 centros sociais e culturais en Galicia
A caixa galega reforza accións anticíclicas para combater o desemprego
O Centro Xerontolóxico mellora e personaliza a atención sociosanitaria a persoas con trastornos de comportamento
Editou tres publicacións sobre dependencia, avellentamento activo e saudable, e estimulación cognitiva de persoas maiores
Organizada en colaboración coa Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría
Tamén elaborou unha guía especial Ano Xacobeo: practica un camiño sostible
Pódese descargar gratuitamente dunha web interactiva na que ademais as persoas maiores poden participar publicando as súas lembranzas, vivencias e anécdotas.
Xa podes solicitar a publicación deste programa, posto en marcha por Obra Social Caixa Galicia, para mellorar a atención e a memoria de persoas maiores
© 2008 Obra Social Caixa Galicia . Todos os dereitos reservados.