
08 marzo 2010
O ITE Caixa Galicia ofertará durante 2010 máis de 2.800 prazas en distintas actividades formativas que inclúen 20 especialidades de posgrao e máis de 50 cursos, conferencias e seminarios, na súa maioría para mellorar a formación de directivos ou futuros executivos de empresas galegas.
A principal novidade deste ano é a incorporación de dous novos programas á oferta de posgrao da entidade que alcanza as 20 especialidades:
“Caixa Galicia é consciente da importancia do tecido empresarial neste momento, e deseñou accións que ofrecen ás empresas non só solucións financeiras para as súas necesidades actuais, senón tamén solucións en talento e ideas, onde o ITE Caixa Galicia é unha peza fundamental”, destaca María Camino, directora de Desenvolvemento Estratéxico de Directivos da entidade e directora do ITE Caixa Galicia.
Principais actividades formativas para 2010
Aos 20 programas de posgrao que a entidade desenvolverá durante 2010 hai que engadir catro cursos de formación de actualización para profesionais e directivos e máis de 50 actividades de curta duración.
O ITE Caixa Galicia programará o único curso en Galicia de especialización “Práctica da Consolidación de balances no novo medio contable”, dirixido por Roberto Ciberia, directivo de Ponte Gadea.
Durante 2010 tamén se realizarán:
Os profesionais máis competitivos seguen apostando pola formación como antídoto contra a crise.
As solicitudes para cursar posgraos financeiros aumentou un 20% en relación a 2009.“Os que veñen de titularse buscan na formación especializada unha saída profesional e no ITE Caixa Galicia o 100% dos alumnos cursa prácticas ou contrátano ao finalizar o máster”, asegura María Camino.
En 2009, o ITE Caixa Galicia tamén conseguiu o 100% de aprobados nas convocatorias de exames de certificación do Máster SAP e posúe unha media superior ao mercado no índice de aprobados de certificacións financeiras.
En 5 anos, o ITE Caixa Galicia proporcionou máis de 9.000 especialistas ao tecido empresarial
Dende a súa creación en 2005, o ITE Caixa Galicia proporcionou ao tecido empresarial máis de 9.000 especialistas que participaron nalgunha das 52 edicións dos cursos de posgrao e máis de 144 seminarios e cursos realizados.
Profesores das máis prestixiosas entidades formativas do mundo, coas que o ITE mantén alianzas, tales como ICADE, INSEAS ou a London School of Economics, visitaron Galicia grazas á actividade formativa de Caixa Galicia.
En cinco anos de actividade, os alumnos de posgrao incrementáronse unha media do 10% interanual e os asistentes a cursos, seminarios e xornadas de actualización para directivos experimentaron un incremento anual do 78% dende 2005.
Canle TV ITE
As principais actividades poderanse seguir a través da nova Canle de TV dispoñible na web do ITE Caixa Galicia (www.itecaixagalicia.com). Para acceder ao contido completo delas simplemente hai que darse de alta no servizo na páxina web.
Nova sede en Santiago de Compostela
En 2009, o ITE Caixa Galicia reforzou a súa presenza en Galicia cunha nova sede en Santiago co obxectivo de que o novo centro do ITE “sexa a punta de lanza para unha expansión natural de toda a nosa actividade formativa”, sinala María Camino.
Servizo de Publicacións
Ademais, catro novas publicacións sumaranse á serie editorial “Finanzas e Empresa”, que conta xa con 11 títulos.
Caixa Galicia cede o seu local da rúa Parrote a esta ONG para recadar fondos e atender a persoas en situación de vulnerabilidade social. Estará aberto ata finais de setembro
O centro leva oito anos difundindo o uso das novas tecnoloxías da comunicación nesta cidade
Dende 2005 investiu máis de 700.000 €, participaron 114 ONG e formáronse máis de 1.100 profesionais
Podes participar ata o 31 de agosto
Acolleu exposicións variadas pero especialmente de divulgación e concienciación medioambiental
Catro millóns de persoas benefícianse cada ano das instalacións da súa rede de 92 centros sociais e culturais en Galicia
A caixa galega reforza accións anticíclicas para combater o desemprego
O Centro Xerontolóxico mellora e personaliza a atención sociosanitaria a persoas con trastornos de comportamento
Será intensivo e semipresencial. Os alumnos poderán presentarse a un exame extraordinario o 2 de setembro
O investimento en programas e accións que xeren emprego é unha das liñas estratéxicas da súa acción social
Organizada en colaboración coa Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría
Tamén elaborou unha guía especial Ano Xacobeo: practica un camiño sostible
© 2008 Obra Social Caixa Galicia . Todos os dereitos reservados.