
27 abril 2010
Obra Social Caixa Galicia organiza, en colaboración coa Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, a exposición fotográfica sobre persoas maiores: “Imaxes con imaxinación: unha ollada ao futuro”, composta por fotografías que versan sobre as seguintes temáticas:
Trátase dunha exposición itinerante que percorrerá os Centros de Maiores de Obra Social Caixa Galicia situados en Viveiro, Ferrol, Ourense, Lugo, Betanzos, Monforte, Pontedeume, Pontevedra e Santiago. Esta itinerancia iniciouse na Coruña no marco da Escola Internacional de Xerontoloxía que promove Obra Social Caixa Galicia.
Obradoiro xerontolóxico
Paralelamente á exposición organizarase, en cada centro, un obradoiro xerontolóxico "Imaxes con imaxinación: unha ollada cara ao futuro..." impartido polos psicólogos Encarna Álvarez e Enrique Galindo.
A partir da observación das imaxes que compoñen a exposición, os participantes poderán reflexionar conxuntamente sobre os sentimentos, experiencias e vivencias que suscitan as fotografías coa finalidade de aprender a afrontar a vellez con plenitude. A súa finalidade é traballar a prevención da deterioración da autoimaxe e a promoción de relacións afectivas saudables das persoas maiores.
O obradoiro diríxese a calquera persoa maior de 55 anos que queira participar. A inscrición é gratuíta e realízase en cada centro. As prazas son limitadas.
DATAS
PONTEVEDRA. Do 14 de outubro ao 10 de novembro de 2010
Data do obradoiro: 19 de outubro
SANTIAGO. Do 18 de novembro ao 16 de decembro de 2010
Data do obradoiro: 23 de novembro
Aberta a inscrición
Investiu 1 millón de euros nas instalacións
Caixa Galicia cede o seu local da rúa Parrote a esta ONG para recadar fondos e atender a persoas en situación de vulnerabilidade social. Estará aberto ata finais de setembro
O centro leva oito anos difundindo o uso das novas tecnoloxías da comunicación nesta cidade
Catro millóns de persoas benefícianse cada ano das instalacións da súa rede de 92 centros sociais e culturais en Galicia
A caixa galega reforza accións anticíclicas para combater o desemprego
O Centro Xerontolóxico mellora e personaliza a atención sociosanitaria a persoas con trastornos de comportamento
Editou tres publicacións sobre dependencia, avellentamento activo e saudable, e estimulación cognitiva de persoas maiores
Organizada en colaboración coa Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría
Tamén elaborou unha guía especial Ano Xacobeo: practica un camiño sostible
Pódese descargar gratuitamente dunha web interactiva na que ademais as persoas maiores poden participar publicando as súas lembranzas, vivencias e anécdotas.
Xa podes solicitar a publicación deste programa, posto en marcha por Obra Social Caixa Galicia, para mellorar a atención e a memoria de persoas maiores
© 2008 Obra Social Caixa Galicia . Todos os dereitos reservados.