Enlace a paxina de inicio

MOBILízate pola selva

MOVILízate pola selva

Recicla o teu móbil e protexe os ecosistemas africanos!

07 agosto 2009

Obra Social de Caixa Galicia colabora co Instituto Jane Goodall na difusión da campaña “MOBILízate pola selva” para conseguir reciclar móbiles e protexer os ecosistemas africanos.

Na actualidade a taxa de reciclaxe de móbiles é menor do 5%. En España hai máis de 52.000.000 de liñas de teléfonos móbiles. A este impresionante número de terminais deben agregarse aqueles móbiles máis antigos que se substitúen e que os cidadáns gardan ou tiran ao lixo.

A explotación do valioso mineral coltan que fai posible a tecnoloxía dos nosos móbiles, ordenadores e consolas é o centro de conflitos bélicos que producen centos de miles de vítimas e refuxiados na República Democrática do Congo. A explotación mineira ilegal utiliza man de obra semiescravizada, destruíndo tamén os hábitats de moitas especies africanas, como os chimpancés e os gorilas, en grave perigo debido á caza furtiva e á deforestación.

Queres protexer os ecosistemas africanos? Como podes colaborar?

Achega o teu móbil en desuso! (en funcionamento ou non), ou recolle algún entre os teus amigos, familiares ou compañeiros!. Así contribuirás a:

  • Reutilizar terminais e reducir a insostible demanda dos seus compoñentes.
  • Reciclar elementos útiles e dispor adecuadamente de materiais tóxicos, evitando a contaminación do medio.
  • Recadar fondos para os programas de educación e conservación no Congo, coma o do Centro de Recuperación de Chimpancés de Tchimpounga.

Por cada teléfono reciclado….

  • Fonebank achegará unha parte do seu valor ao Instituto Jane Goodall, segundo o modelo do terminal.
  • O Instituto Jane Goodall sorteará mensualmente apadriñamentos Chimpamigos entre os doadores, como agradecemento e para mostrarlles o impacto positivo do seu ingreso. Para o sorteo debes inscribirse en info@movilizateporlaselva.org tras o envío a Fonebank.

As organizacións tamén poden participar na campaña

Aquelas entidades que recollan 30 ou máis móbiles poderán solicitar unha recollida gratuíta a domicilio, chamando ao 902 929 605 e achegando o adhesivo ao seu envío. O Instituto Jane Goodall regalará unha subscrición anual a Chimpamigos por cada un destes envíos.

Envía os teus móbiles por correo

  • 1. Descarga o adhesivo pre-franqueado e escribe o teu nome e correo electrónico
  • 2. Pega a etiqueta no sobre acolchado ou na caixa e introduce o teu teléfono móbil con batería pero sen cargador, nin tarxeta SIM nin outro elemento.
  • 3. Deposítaos gratuitamente en calquera oficina de Correos do territorio español

 MOBILízate!

Por pequena que sexa a achega, entre todos e todas podemos marcar unha gran diferenza. Así que MOBILízate! Parte da solución está nas nosas mans...

Máis información ou consultas en info@movilizateporlaselva.org

Folleto da Campaña MOBILízate pola selva ( Pdf Galego)

Póster da Campaña MOBILízate pola selva ( Pdf Galego)

Novas  RSS

Cursos en Ciberalia A Coruña e Lugo. Setembro - Outubro 2010

06-set-2010

Aberta a inscrición

Caixa Galicia inaugura un centro para a atención de enfermos de alzhéimer en Ribeira

03-set-2010

Investiu 1 millón de euros nas instalacións

Mercado Solidario de Cáritas na Coruña

01-set-2010

Caixa Galicia cede o seu local da rúa Parrote a esta ONG para recadar fondos e atender a persoas en situación de vulnerabilidade social. Estará aberto ata finais de setembro

Dez mil persoas utilizaron o Ciberalia de Caixa Galicia en Lugo no primeiro semestre

31-ago-2010

O centro leva oito anos difundindo o uso das novas tecnoloxías da comunicación nesta cidade

Caixa Galicia, segunda entidade con maior patrimonio sociocultural en España

20-xul-2010

Catro millóns de persoas benefícianse cada ano das instalacións da súa rede de 92 centros sociais e culturais en Galicia

Caixa Galicia alcanza o cuarto posto en investimento social entre as caixas españolas

15-xul-2010

A caixa galega reforza accións anticíclicas para combater o desemprego

Caixa Galicia e Euxa-Eulen inauguran unha nova unidade psicoxeriátrica en Euxa-Narón

14-xul-2010

O Centro Xerontolóxico mellora e personaliza a atención sociosanitaria a persoas con trastornos de comportamento

Obra Social Caixa Galicia impulsa a investigación xerontolóxica

30-abr-2010

Editou tres publicacións sobre dependencia, avellentamento activo e saudable, e estimulación cognitiva de persoas maiores

“Imaxes con imaxinación: unha ollada ao futuro”, exposición fotográfica nos Centros de Maiores de Obra Social Caixa Galicia

27-abr-2010

Organizada en colaboración coa Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría

Caixa Galicia presenta tres guías con consellos verdes para o teu traballo e a túa casa

26-mar-2010

Tamén elaborou unha guía especial Ano Xacobeo: practica un camiño sostible

Presentación do libro “Memoria de Galicia. Un Estímulo para el recuerdo”

17-dec-2008

Pódese descargar gratuitamente dunha web interactiva na que ademais as persoas maiores poden participar publicando as súas lembranzas, vivencias e anécdotas.

Publicado o material didáctico “Memoria en Movemento"

12-xuñ-2008

Xa podes solicitar a publicación deste programa, posto en marcha por Obra Social Caixa Galicia, para mellorar a atención e a memoria de persoas maiores

© 2008 Obra Social Caixa Galicia . Todos os dereitos reservados.