CAIXA DE AFORROS DE GALICIA, con domicilio en c/ Rúa Nova nº 30 e código de Identificación fiscal G-15028947, é unha entidade de crédito suxeita á supervisión do Banco de España e inscrita no Libro Rexistro Especial de Caixas de Aforro a cargo desta Autoridade Supervisora co número 130, folio 97, á que corresponde a titularidade do portal http://www.obrasocialcaixagalicia.org (no sucesivo, o PORTAL), que pon a disposición dos usuarios de Internet, co fin tanto de proporcionar información sobre os servizos, produtos e actividades ofrecidos por CAIXA DE AFORROS DE GALICIA no eido da súa Obra Benéfico-Social, como de permitir a prestación de determinados servizos a través do propio PORTAL, denominados en liña (on-line).
CAIXA DE AFORROS DE GALICIA declara ter efectuado ao Rexistro Especial de Caixas de Aforro do Banco de España a correspondente comunicación de nomes de dominio, en cumprimento do disposto no artigo 9 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico.
Caixa de Aforros de Galicia, RM da Coruña, t. 1019, f.1, h. 4045, insc. 1
As presentes condicións xerais de utilización do PORTAL, xunto coas condicións xerais de contratación dos servizos prestados a través do mesmo, así como calquera outra condición que para estes efectos se poidan establecer, teñen como finalidade a regulación e información aos usuarios do PORTAL dos servizos que presta a CAIXA DE AFORROS DE GALICIA, e a propia regulación do uso do PORTAL.
A navegación e/ou a utilización dos servizos do PORTAL supoñen a aceptación como USUARIO, e sen reservas de ningún tipo, de todas as condicións xerais de utilización deste, así como das condicións xerais de contratación e de calquera outra condición que poida establecerse en relación coa prestación a través do PORTAL dos servizos ofrecidos por CAIXA DE AFORROS DE GALICIA.
POLITICA DE PRIVACIDADE
a) Protección de Datos de Carácter Persoal:
Conforme co establecido na Lei Orgánica nº 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, CAIXA DE AFORROS DE GALICIA informa ao USUARIO de que:
b) Cookies:
CAIXA DE AFORROS DE GALICIA pode utilizar cookies cando o USUARIO navega polo PORTAL. Ditas cookies, activadas polo servidor que ten como nome de dominio www.obrasocialcaixagalicia.org, son pequenos ficheiros de datos que se almacenan no ordenador do USUARIO e que permiten aos nosos sistemas obter información relativa á concreta pestana do PORTAL na que o USUARIO estivo na súa última visita a este, así como ás preferencias do USUARIO na súa navegación polo PORTAL, todo iso con fins estatísticos e de mellora do servizo e adaptación deste ás preferencias do USUARIO. Ditas cookies teñen un período de validez limitado. En calquera caso, a aceptación das cookies polo USUARIO non é imprescindible para visitar e operar no PORTAL, polo que o USUARIO pode oporse á utilización das cookies configurando o seu navegador para este efecto.
PROPIEDADE INDUSTRIAL E INTELECTUAL. POLITICA DE HIPERLIGAZÓNS
Todos os contidos incluídos no PORTAL e, en particular, as marcas, nomes comerciais, deseños industriais, deseños, textos, fotografías, gráficos, logotipos, iconas, software e calquera outro signo ou elemento susceptible de utilización industrial e/ou comercial están protexidos polos dereitos de propiedade industrial e intelectual de CAIXA DE AFORROS DE GALICIA ou de terceiros titulares destes que autorizaron a súa inclusión no PORTAL. Queda, polo tanto, expresamente prohibida calquera utilización e/ou reprodución de tales marcas, nomes comerciais, deseños industriais, deseños, textos, fotografías, gráficos, logotipos, iconas, software e demais signos ou elementos susceptibles de utilización industrial e/ou comercial, sen o consentimento expreso e por escrito de CAIXA DE AFORROS DE GALICIA.
CAIXA DE AFORROS DE GALICIA non será responsable da infracción dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial correspondentes a terceiros que puidese derivarse da inclusión no PORTAL de marcas, nomes comerciais, deseños industriais, deseños, textos, fotografías, gráficos, logotipos, iconas, software e calquera outro signo ou elemento susceptible de utilización industrial e/ou comercial pertencentes a terceiros que declarasen seren titulares destes e autorizasen a súa inclusión no PORTAL.
En ningún caso se entenderá que o acceso ao PORTAL e a navegación a través deste do USUARIO comportan renuncia, transmisión ou cesión total ou parcial dos antes citados dereitos por parte de CAIXA DE AFORROS DE GALICIA ou dos titulares correspondentes, nin a concesión de dereito, expectativa de dereito, ou autorización ningunha para alterar, transformar, explotar, reproducir, distribuír ou comunicar publicamente os contidos incluídos no PORTAL, a alteración, transformación, explotación, reprodución, distribución o comunicación pública do cal requirirá, en todo caso, a previa e expresa autorización por escrito de CAIXA DE AFORROS DE GALICIA ou dos titulares correspondentes.
Non se poderá establecer ningún vínculo ao PORTAL dende calquera outra páxina web sen o consentimento previo e expreso de CAIXA DE AFORROS DE GALICIA. As ligazóns que se establezan deberán facerse sempre á páxina principal de CAIXA DE AFORROS DE GALICIA ou, se é o caso, a aquela páxina que a propia CAIXA DE AFORROS DE GALICIA determine, sendo dita ligazón absoluta e completa de xeito e maneira que leve ao USUARIO ao sitio de CAIXA DE AFORROS DE GALICIA, que deberá abarcar completamente toda a extensión da pantalla da páxina principal.
CAIXA DE AFORROS DE GALICIA non será responsable do contido das páxinas web de destino que se establezan mediante vínculos no PORTAL, nin tampouco das infraccións de dereitos de terceiros nas que ditas páxinas puidesen incorrer.
RESPONSABILIDADE DE CAIXA DE AFORROS DE GALICIA
O USUARIO recoñece e acepta que a utilización do PORTAL e dos seus servizos se realiza baixo a súa enteira e exclusiva responsabilidade.
Non obstante, CAIXA DE AFORROS DE GALICIA adoptará en todo momento as medidas necesarias, dentro das súas posibilidades e dado o estado da tecnoloxía, para garantir o adecuado funcionamento do PORTAL e evitar a existencia e transmisión de virus e outros compoñentes que puidesen prexudicar ao USUARIO.
Obrigas do USUARIO
O USUARIO obrígase a utilizar os contidos do PORTAL de forma dilixente, correcta e lícita, e en consecuencia comprométese a absterse, en todo caso, de:
As relacións establecidas entre o USUARIO e CAIXA DE AFORROS DE GALICIA, titular do PORTAL, rexeranse polo disposto na normativa vixente acerca da lexislación aplicable e a xurisdición competente. Non obstante, para os casos nos que a normativa permita ás partes a posibilidade de someterse voluntariamente a un foro, CAIXA DE AFORROS DE GALICIA e o USUARIO, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense ao dos Xulgados e Tribunais da cidade da Coruña.
En todo caso, serán de aplicación as normas do Ordenamento Xurídico Español.
Todos os medios técnicos que sexan necesarios para acceder ao PORTAL e á prestación dos servizos ofertados a través deste por CAIXA DE AFORROS DE GALICIA serán por conta exclusiva do USUARIO, así como tamén calquera imposto ou gasto doutro tipo aos que dese lugar a prestación de tales servizos.
© 2008 Obra Social Caixa Galicia . Todos os dereitos reservados.