Enlace a paxina de inicio

Maiores

Asistencia á dependencia na Rede de Centros Xerontolóxicos

Investimos en dispositivos sociosanitarios, garantindo unha xestión profesionalizada e a calidade das prestacións, favorecendo, ademais, a accesibilidade á provisión de coidados axeitados a través de axudas económicas a persoas con escasos recursos.

A Obra Social Caixa Galicia, implícase na construción de centros xeroasistenciais propios e en colaboración, para cubrir as necesidades das persoas maiores que se atopan en situación de dependencia, así coma das súas familias coidadoras.

A explotación destos centros xerontolóxicos realizase a través de Euxa Servicios Sociosanitarios,  unha das compañías líderes en España na xestión de equipamentos xerontolóxicos e sociosanitarios.

Con esta rede de centros xerontolóxicos, contribuímos a paliar o déficit galego en materia de equipamentos e prazas xeroasistenciais, ofertando casi 500 residenciais e 60 de atención diúrna.

Estes dispositivos de atención están dotados coas mellores instalacións e a gama máis completa de servizos sociosanitarios, como rehabilitación, psicoloxía, consultas médicas externas e internas, salas de curas, farmacia, enfermería, podoloxía… Ademais, complementan a súa oferta con diversas seccións de lecer como biblioteca, cafetería ou salón de peiteado. 

Axudas para favorecer o acceso a prazas xerontolóxicas: Cheque Obra Social Caixa Galicia

Posibilitamos que persoas maiores con recursos económicos escasos accedan con prezos accesibles aos servizos e prestacións dos nosos centros xerontolóxicos. Esta dotación económica directa, que alcanza os 2 millóns de euros/año, complementa a diferenza entre a tarifa de servizos e a achega do usuario, e articúlase a través de convenios coas entidades locais.

Centro xerontolóxico "Euxa Vigo"

Conta cunha capacidade de 150 prazas residenciais e 30 de atención diurna. O 40% das prazas son de acceso público, concertadas coa Xunta de Galicia. Ademais, dispón doutras 30 prazas subvencionadas pola Obra Social Caixa Galicia ás que se accede a través dos servizos sociais do Concello de Vigo.

Centro Xerontolóxio "Euxa Narón" (Ferrol)

Con capacidade para 150 prazas residenciais e 30 prazas de atención diúrna, Caixa Galicia asumiu o compromiso de financiar 76 estancias residenciais e 15 de atención diúrna do Centro, no marco de colaboración co Concello de Narón, accedendo a través dos seus servizos sociais.

Residencia "La Ciudad" na Coruña

Actualmente, oferta 77 prazas para persoas maiores autónomas. A instalacións e equipamentos deste centro, xestionado pola Obra Social Caixa Galicia e que cumpriu trinta anos de servizo, experimentaron unha profunda remodelación e modernización para aumentar e actualizar as prestacións aos seus usuarios e adaptarse aos recentes requisitos normativos en materia de accesos e servizos.

Residencia "Remanso Los Rosales" na Coruña

Con capacidade para 57 plazas, grazas a un convenio de colaboración subscrito entre Caixa Galicia e a Fundación Remanso, ao que se adheriu o Concello da Coruña, a Obra Social  cofinancia estancias neste centro para facilitar o acceso ao mesmo de persoas con escasos recursos.

© 2008 Obra Social Caixa Galicia . Todos os dereitos reservados.