Dende Caixa Galicia consideramos que tan importante é a asistencia aos nosos maiores dependentes como a calidade de vida coa que poidan afrontar a súa nova etapa.
Co desexo de que as persoas maiores vexan satisfeitas as súas necesidades de lecer, cultura e integración social, Caixa Galicia dispón de 10 centros de maiores, con mais de 40.000 socios, nos que desenvolvemos múltiples actividades para conseguir a súa participación activa na nosa sociedade.
Na Coruña, Betanzos, Ferrol, Pontedeume, Santiago de Compostela, Lugo, Monforte de Lemos, Viveiro, Ourense e Pontevedra hai un centro de maiores aberto aos que desexan gozar do tempo libre e busquen novas oportunidades nesta etapa da vida.
Os centros fundamentan a súa eficacia no entretemento, a mellora da calidade de vida dos seus usuarios e a adquisición de determinados coñecementos para participar plenamente na vida social.
Na Rede de Centros de Maiores de Caixa Galicia ofrecemos servizos de podoloxía, psicoloxía, masaxista, traballador/a social, salón de peiteado,... así como bibliotecas e ciberaulas para achegarse ás novas tecnoloxías (correo electrónico, internet).
Ademais, organizamos, durante todo o ano, múltiples actividades nas que se pode participar: conferencias, clubs de lectura, exposicións, concertos, visitas a museos, cine, pintura, manualidades, debuxo, informática, internet, excursións, teatro, coro, festas e bailes, xadrez, ximnasia, musicoterapia, relaxación, tai-chi, ioga, obradoiros de exercitación de memoria… e moitas máis….
Achégate ao teu centro máis próximo e faite socio!
Máis actividades
© 2008 Obra Social Caixa Galicia . Todos os dereitos reservados.