Fotografía
Público en xeral
Entrada gratuíta
A exposición do Fondo Emberiza, Amigo Lobo. Lenda e realidade do Lobo Ibérico, inclúe aproximadamente 150 fotografías de Carlos Sanz sobre a bioloxía, ecoloxía e problemática actual do lobo ibérico, e compleméntase cun exemplar naturalizado e con algúns cranios de lobos e doutros cánidos. Así mesmo, forman parte da mostra os máis variados obxectos relacionados dunha ou outra forma coa cultura tradicional asociada ao lobo: esculturas, pinturas, gravados, escudos, moedas, selos, libros, carlancas, amuletos, maquetas e reproducións de pezas arqueolóxicas e etnolóxicas. Completan a exposición diversos paneis informativos acerca da historia, a mitoloxía e as relacións co home e a gandaría, así como algúns traballos de investigación, divulgación e xestión sobre o lobo ibérico.
Centro Sociocultural Caixa Galicia en Ourense
Rúa Juan XXIII, 31 - sótano
OURENSE
De 26-xan-2010 ao 26-feb-2010
De luns a venres, de 11.30 a 14.00 horas. Martes e xoves, de 18.00 a 20.00 horas
© 2008 Obra Social Caixa Galicia . Todos os dereitos reservados.