
Potenciamos a profesionalización das ONG do Terceiro Sector na xestión, a trasnparencia e rendición de contas, o liderado e a visibilidade social ademais de contribuír ao fomento da solidariedade, o voluntariado e a participación social.

Queres ser voluntario/a? Encontra a túa causa e Solidarízate! Obra Social Caixa Galicia infórmate de onde e de como podes colaborar.

Fomentamos a sostibilidade e a promoción da responsabilidade medioambiental conservando espazos naturais e promovendo actividades de educación medioambiental.

Afrontamos, a través de innovadoras estratexias de intervención, os actuais retos do avellentamento e a dependencia para mellorar a calidade de vida dos nosos maiores.

Apostamos polo futuro dos máis novos por medio da formación, o lecer e o deporte.

Fomentamos a práctica do deporte base entre os máis novos mediante o apoio e organización de actividades en diferentes disciplinas: vela, fútbol, surfismo, hípica, tenis, baloncesto, judo, etc.

Contribuímos á inserción social dos colectivos máis vulnerables fomentando a igualdade de oportunidades. Para iso, colaboramos cun gran número de entidades non lucrativas e organismos públicos para desenvolver novas iniciativas.

Impulsamos o fomento dos sectores produtivos e a formación do capital humano necesario para incrementar o desenvolvemento e benestar socioeconómico de Galicia.

Financiamos e asesoramos de balde a persoas que inicien un proxecto de autoemprego ou de creación dunha pequena empresa e estean excluídas do acceso ao crédito por careceren de garantías ou avais.
© 2008 Obra Social Caixa Galicia . Todos os dereitos reservados.