Enlace a paxina de inicio

Acerca de Obra Social

Obra Social Caixa Galicia

En Caixa Galicia sentímonos especialmente orgullosos coa nosa actividade sociocultural, que é a que nos fai diferentes e nos permite ser parte da vida de multitude de persoas.

Somos a terceira Caixa de Aforros con maior dotación de fondos ao labor sociocultural. Nos últimos anos destinamos un importe crecente de recursos achegando, no ano 2008, máis de 112 millóns de euros para chegar a máis de tres millóns e medio de beneficiarios. 

Día a día, comprometémonos co benestar social a través de novidosas e pioneiras actuacións que benefician a nosa sociedade.

Dispoñemos dunha ampla rede de centros sociais, en once localidades galegas, abertos a toda a sociedade, nos que se pode participar en multitude de actividades socioculturais.Achégate e visita as nosas sedes! 

 

Colaboramos con organizacións. A nosa acción social promovémola tamén, de forma compartida, colaborando cun gran número de institucións públicas e de entidades non lucrativas en proxectos de interese común. As actuacións da Obra Social desenvólvense fundamentalmente en Galicia, pero tamén noutras provincias españolas e en países onde Caixa Galicia está presente, así como en diferentes zonas do mundo a través de proxectos de cooperación ao desenvolvemento.

Organizamos múltiples actividades. Na Obra Social deseñamos programas e accións propias, organizamos actividades variadas, cursos de formación e convocamos anualmente axudas para proxectos sociais e de cooperación ao desenvolvemento.

Estes son os nosos programas de actuación:

Socialia: Apoio a ONG

Logo Socialia

Potenciamos a profesionalización das ONG do Terceiro Sector na xestión, a transparencia e rendición de contas, o liderado e a visibilidade social ademais de contribuír ao fomento da solidariedade, o voluntariado e a participación social.
+ info Socialia: Apoio a ONG

Maiores

Afrontamos, a través de innovadoras estratexias de intervención, os actuais retos do avellentamento e a dependencia para mellorar a calidade de vida dos nosos maiores. 
 + info Maiores

Infancia e Mocidade Impulsa-T

Mozos e mozas de diferentes países

Apostamos polo futuro dos máis novos por medio da  formación, o lecer e o deporte.
  + info Infancia e Mocidade Impulsa-T

Medio Ambiente

Fomentamos a sostibilidade e a promoción da responsabilidade medioambiental conservando espazos naturais e promovendo actividades de educación medioambiental.
+ info Medio Ambiente

Deporte

Fomentamos a práctica do deporte base entre os máis novos mediante o apoio e organización de actividades en diferentes disciplinas: vela, fútbol, surf, hípica, tenis, baloncesto, judo etc.
+ info Deporte

Cohesión Social

Persoas discapacitadas

Contribuímos á inserción social dos colectivos máis vulnerables fomentando a igualdade de oportunidades. Para iso, colaboramos cun gran número de entidades non lucrativas e organismos públicos para desenvolver novas iniciativas.
+ info Cohesión Social

Impulsa Empresas

Impulsamos o fomento dos sectores produtivos e a formación do capital humano necesario para incrementar o desenvolvemento e benestar socioeconómico de Galicia.
+ info Impulsa Empresas

Microcréditos

microcrédito

Financiamos e asesoramos gratuitamente a persoas que inicien un proxecto de autoemprego ou de creación dunha pequena empresa e estean excluídas do acceso ao crédito por carecer de garantías ou avais.
+ info Microcréditos

Contacta coa Obra Social de Caixa Galicia

C/ San Andrés, 135-137
15003 A Coruña
Teléfono: 981 188 340
Fax: 981 990 751
Correo electrónico: obrasocial@caixagalicia.es

© 2008 Obra Social Caixa Galicia . Todos os dereitos reservados.