|
A degradación do medio ambiente constitúe un dos problemas capitais que se lle presenta á humanidade nesta segunda metade do século. A explotación intensiva dos recursos naturais, o desenvolvemento tecnolóxico, a industrialización e o lóxico proceso de urbanización de grandes áreas territoriais son fenómenos que, incontrolados, chegan a ameazar en determinadas rexións a capacidade rexeneradora da natureza, e que, de non ser axeitadamente planificados, poden abocar a unha perturbación irreversible do equilibrio ecolóxico xeral, cuxas consecuencias non son doadamente previsibles. Os acontencementos aos que nos vimos sometidos, por mor dos incendios rexistrados en Galicia, reforzan o convencemento xeral da necesidade de incidir na educación medioambiental dos máis novos como instrumento imprescindible para acadar un real e efectivo respecto pola Natureza e poder conseguir un necesario desenvolvemento sostible. A Obra Social de Caixa Galicia considera a protección do medio ambiente como unha tarefa permanente e unha parte fundamental das súas actividades.
|