XXXVI Curso de Saúde Ambiental en Lugo - Congreso Provincial de Medio Ambiente (2-6 de junio de 2008)

Cada día ten maior importancia o coñecemento do medio ambiente dunha comunidade, xa que é un condicionante do seu benestar social, sanitario e económico. A industrialización e a urbanización modificaron o medio ambiente dando orixe a problemas ambientais de primeira orde (o efecto invernadoiro e cambio climático, a destrución da capa de ozono estratosférica, o transporte de contaminantes, a desertización, etc.) que é preciso corrixir, así como evitar que as actividades futuras orixinen máis deterioracións no noso contorno a través dunha política preventiva que permita un desenvolvemento sostido e equilibrado e teña como obxectivos a protección da saúde do home e a conservación de todos os recursos que condicionan e sustentan a vida.

Pode baixar o boletín de inscrición

Pode baixar o programa do curso 

OBXECTIVOS

  •  Integración da dimensión dos aspectos ambientais da saúde na formación e reciclaxe de técnicos en medio ambiente e saúde, coa finalidade de actualizar a súa formación e adecuar as esixencias que demanda a sociedade actual, para que contribúa a mellorar a xestión e as condicións de vida urbana dos cidadáns.

  • Establecer un foro de debate e estudo que trate a situación medioambiental da provincia de Lugo, dos seus problemas e carencias que se consideran máis importantes, así como das posibles solucións que se deberán adoptar; ademais de permitir a cooperación e o diálogo entre todos os axentes sociais implicados no tema, fomentando a creación de núcleos de sustentabilidade.

DESTINATARIAS/OS

  • Técnicas/os, funcionarias/os e responsables políticos da Administración Local, Provincial e Autonómica, que desenvolvan a súa actividade ou estean relacionados coas áreas obxecto de estudo.
  • Profesorado da Universidade, de Ensino Secundario e Formación Profesional que desenvolva a súa actividade ou estea relacionado coas áreas obxecto de estudo.
  • Técnicos e xestores de empresas que desenvolvan a súa actividade nos departamentos de calidade, medio ambiente e prevención de riscos laborais.
  • Profesionais libres e titulados superiores (farmacéuticos, médicos, veterinarios, químicos, biólogos, enxeñeiros, arquitectos, avogados, economistas, xeógrafos, psicólogos, sociólogos, licenciados en Ciencias do Mar, diplomados en Relacións Laborais, diplomados en Enfermería, etc.) que desenvolvan a súa actividade ou estean relacionados/interesados nas áreas obxecto de estudo.
  • Técnicos superiores en saúde ambiental, en química ambiental, en traballos forestais e de conservación do medio natural, e de xestión e organización dos recursos naturais paisaxísticos, etc.
  • Estudantes universitarios relacionados/interesados nas áreas obxecto de estudo.
  • Estudantes dos ciclos formativos de grao superior de saúde ambiental, de química ambiental, de traballos forestais e de conservación do medio natural, e de xestión e organización dos recursos naturais paisaxísticos, etc.

METODOLOXÍA

  • Oito sesións plenarias configuran a estrutura do curso/congreso, nas que os relatores farán unha exposición sintética de carácter técnico acompañadas de casos prácticos e co apoio de medios audiovisuais (power point), cun debate á finalización de cada sesión, no que tamén intervirán activamente os participantes amosando as súas experiencias.
  • Realización de visitas prácticas ao medio natural e a instalacións de interese medioambiental e sanitario.
  • Exposición "A Reserva da Biosfera Terras do Miño. O Programa Life-Natureza. LIC Parga-Ladra-Támoga".

NÚMERO DE PRAZAS E DEREITOS DE INSCRICIÓN

  • Número de prazas: 100, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición.
  • Cota de inscrición: 30 €.
  • Forma de pagamento: o aboamento efectuarase mediante transferencia bancaria ou entrega en efectivo na oficina de Caixa Galicia, situada na Praza Maior, 16 - 27001 Lugo, nº de conta: 2091 – 0152 - 25 - 3040087594, especificando o nome e apelidos da persoa inscrita.
  • Forma de inscrición: cubrir o boletín de inscrición, que deberá achegar co xustificante do pagamento, e presentarase/enviarase por e-mail/fax á Secretaría Técnica antes do xoves día 29 de maio ás 14,00 horas (data límite para formalizar a inscrición).

DOCUMENTACIÓN

  • Entregarase unha carpeta coa publicación do Libro de Ponencias e material didáctico diverso.

DIPLOMA ACREDITATIVO E CRÉDITOS DE LIBRE CONFIGURACIÓN (*)

  • O alumnado que participe con regularidade nas sesións programadas do curso/congreso, que consta de 32 horas lectivas, recibirá un diploma acreditativo de asistencia.
  • A Universidade de Santiago de Compostela (USC) concederá 1 crédito de libre configuración ao alumnado matriculado nesa Universidade que asista ao curso/congreso.

SEDE, DATAS E HORARIO

  • Sede: salón de actos da Fundación Caixa Galicia (Praza Maior, 16 - 27001 Lugo)
  • Datas: do 2 ao 6 de xuño de 2008.
  • Horario: de 16.30 a 20.30 horas (de luns a xoves) e de 10.00 a 14.00 horas (de martes a venres).

SECRETARÍA TÉCNICA DO CURSO

 

(INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS)

  • CONCELLO DE LUGO 

Centro de Servizos Municipais

Servizo de Medio Ambienteç

Ronda da Muralla, 197 - 3ª planta

27001 Lugo

Tel.: 982 297 244 - Fax: 982 297 356

E-mail: medio.ambiente@concellodelugo.org

  • OBRA SOCIAL CAIXA GALICIA

Praza Maior, 16

27001 Lugo

Tel.: 982 289 096 - Fax: 982 289 088

E-mail: sedelugo@fundacioncaixagalicia.org