Residencia La Ciudad

Contacto e localización
Características e dependencias
Servicios do centro
Actividades
Condicións iniciais para a admisión

 



Contacto e localización

  • Responsable: Raquel Fernández Sanjurjo.
  • Traballadora social: Ángela Rouco Pérez-Abadín.
  • Enderezo: Santo Domingo, 11-19.
  • C.P: 15001 A Coruña.
  • Teléfonos: 981 205 812 / 205 816 / 202 886.
  • Fax: 981 205 542.
  • Correo electrónico: rfsanjurjo@caixagalicia.es
  • Horario do centro: as vintecatro horas.
  • Horario de visitas: mañás de 10 a 14 h. na sala de visitas.

Tardes: de 16 a 19 h.

  • Horario de admisión: previa cita coa traballadora social.
  • Localización, contorno e acceso: A Residencia "La Ciudad", fundada o 1 de xuño de 1976 na Coruña, foi o primeiro establecemento asistencial para persoas maiores na cidade. Situada nun contorno privilexiado en pleno corazón do casco histórico da Coruña. Rodeada de monumentos artísticos como son:

    • A igrexa de Santiago-Románica, a máis antiga da cidade.
    • O convento das Clarisas.
    • Praza das Bárbaras.
    • Xardín de San Carlos.
    • Museo Militar.
    • Colexiata de Santa María.
    • Convento dos Pais Domínicos, onde se atopa a capela do Rosario, patroa da Coruña.

Zona tranquila para a vida diaria, conta co paseo marítimo do Parrote, centro de saúde e hospital -Abente e Lago-.

Ben comunicada con varias liñas de autobuses á Porta Real e ó Parrote.

  • Localiza o centro no mapa

 


Características e dependencias

1. Características estructurais.

  • Inaugurada en 1976, ampliada en 1990 e reformada no 2005.

2. Dependencias por plantas.

  • Soto: cociña, lavandería e almacéns.
  • Planta baixa: recepción, salón de actos, biblioteca, comedor, sala de visitas, sala de estar-xogos e T.V., aseos, despachos de dirección e traballadora social.
  • 1ª, 2ª e 3ª plantas: habitacións individuais e dobres ocupadas por residentes válidos. Sala de estar en cada planta. Salón de Peiteado, Podoloxía e Sala de pasada do ferro.
  • 4ª planta: habitacións para residentes asistidos e enfermería, despacho médico, comedor para enfermos e sala de estar, perruquería, capela e vestiarios para o persoal. Fisioterapia.
  • 5ª planta: terraza con zona acristalada.

 


Servicios do centro

Servicios

Biblioteca

Enfermería

Podoloxía

Caixeiro automático

 Fisioterapia

Prensa e revistas 

 Celebracións relixiosas

Médico

Psicoloxía

Ciberaula

 Perruquería

Traballo social


Actividades

Culturais

Conferencias e xornadas monográficas.

Artísticas

Teatro e coro.

Terapia ocupacional e recreativa

Ximnasia e exercitación da memoria.

Festas

Bailes; entroido; Nadal; aniversario residencia e festas puntuais.

Saídas

Visitas culturais e excursións.


Condicións iniciais para a admisión

Terán dereito a dispoñer dos servicios e actividades da residencia de maiores da Obra Social de Caixa Galicia todas aquelas persoas que reúnan as condicións de admisión de residentes:

Idade: ter cumpridos os 65 anos.

Poderanse admitir residentes de menor idade cando concorran no solicitante circunstancias especiais que o xustifiquen. O cónxuxe do residente será admitido, calquera que sexa a súa idade, en igual forma e condicións e cos mesmos dereitos e deberes ca aquel.

Ser cliente da Caixa de Aforros de Galicia.

Non presentar dependencia importante física ou psíquica nin enfermidade infecto-contaxiosa.

Aceptar o regulamento de réxime interno da residencia.