| |
II Edición Operación carballo
A Operación Carballo
Concibida como unha actuación de reforestación e de educación ambiental ao mesmo tempo, a Operación carballo nace en 2006 co propósito de frear a perda de bosques debida aos incendios e outras causas. Catro mil escolares de sesenta e tres centros galegos e máis de mil persoas maiores recolleron dende entón nas carballeiras de Galicia multitude de landras que, unha vez brotadas e plantadas, comezaron a dar forma a novos bosques.
A seguir proponse un calendario de actuación para a Operación carballo no curso 2007-2008:

Materiais na rede
Son moitos os educadores e as familias que se puxeron en contacto coa Obra Social para integrarse neste programa. Por este motivo preparouse unha colección de materiais formativos e educativos que se espera que sexan moi útiles para contribuír entre todos, á recuperación forestal de Galicia. Pódense descargar dende esta páxina web, e imprimir cantas veces sexa necesario.
-
Manual do plantabosques: Aprender, da man dun simpático teixo, como plantar unha árbore, ou dúas... Ou todo un bosque.
-
-
As follas
-
O tronco e as ramas
-
As flores
-
Os froitos
-
O solo
-
O carballo en primavera e en verán
-
O carballo en outono e inverno
-
Unidade didáctica “Visita a unha carballeira”: Os educadores teñen aquí un recurso que aspira a servir de complemento a actividades incluídas no currículo de Educación Primaria, na área de “Coñecemento do Medio”. Encádrase no bloque2, as plantas e os animais, orientado basicamente ao coñecemento, respecto e aprecio polos seres vivos. Está deseñado para nenos de terceiro ciclo de Primaria con idades comprendidas entre os 10 e os 12 anos.
-
Fichas de educación infantil: Destinadas a alumnos de segundo ciclo de Educación Infantil, de idades comprendidas entre os 3 e os 6 anos. Están deseñadas para servir de apoio e complemento a outras actividades incluídas no currículo de Educación Infantil e encadradas na área do “medio físico e social”, na alínea de “animais e plantas”. Son catro:
-
Eu a ti coñézote
-
E ti quen es?
-
Quen vive por aquí?
-
Medro igual ca ti!
|
|