Máis que AugaA exposición "Máis que Auga" ten como obxectivo poñer de manifesto a importancia que ten a auga no contorno e a súa necesidade para a vida de animais, plantas e seres humanos. Nesta exposición preséntanse 42 fotografías orixinais a cor que recollen imaxes moi curiosas da vida do home que xira arredor da auga. Pódense contemplar imaxes de fontes, presas, contaminación, incendios, cambio climático... Outra parte da obra mostra o xogo da auga coa natureza, nubes, ríos, mares... Tampouco esqueza o autor a auga como elemento vital na vida salvaxe e o seu aproveitamento pola fauna, os bosques e o seu percorrido a través das montañas dende os cumios ás praderías de freixos. Coa auga como fío condutor, o autor das fotografías, trata de chamar a nosa atención sobre o "Líquido Elemento", vital para todos os seres vivos. Pode descargar as fichas didácticas da exposición. Vindeiras exposicións
|