O Mundo das Árbores

A exposición didáctica "O Mundo das Árbores" pretende achegar á sociedade os aspectos máis interesantes e curiosos deste mundo natural.

Cunha mensaxe clara e concisa, esta mostra explica as características das diferentes especies arborícolas que se poden atopar na Península Ibérica, para que a través do seu coñecemento a sociedade aprenda a preservalas.

A exposición está formada por máis dunha trintena de paneis fotográficos de gran formato, ademais de mostras de cortes de madeira, nas que se poden apreciar os aneis de crecemento e detalles da casca, ou un sementeiro, entre outros elementos.

Cada fotografía vai acompañada dun texto no que se describen os aspectos máis importantes de cada árbore e algúns dos datos máis singulares como as súas dimensións, enfermidades, pragas, crecemento e usos tradicionais.

Pode descargar as fichas didácticas da exposición.

Próximas exposicións

  • Concello de Carballo

Pazo da Cultura

Rúa do Pan, s/n

Datas: do 5 ao 27 de maio de 2008

Horario: de 18:00 a 21:00 horas

Teléfono para concertar as visitas: 881 924 503