Localización, contorno e acceso: situación privilexiada na confluencia entre o centro histórico e a zona nova, ó carón da Alameda, espacio natural destacado na cidade e próximo ás paradas das principais liñas de autobuses urbanos.
Localiza o centro no mapa
Características e dependencias
1. Características estructurais
Superficie útil, aproximadamente de 500 m2, distribuídos en planta baixa e con todas as dependencias ó mesmo nivel.
2. Dependencias
Roupeiro, cafetería-sala de xogos, aseos, oficina (administración e dirección do centro), sala de servicios múltiples, perruquería, biblioteca-sala de prensa e revistas, dúas aulas de actividades e aseos.
Servicios do centro
Servicios
Biblioteca-sala de prensa e revistas
Préstamo de libros
Cafetería-sala de xogos
Psicoloxía
Masaxe de relaxación*
Teléfono público
Perruquería*
Traballo social*
Podoloxía
Para a utilización destos * servicios é necesario concertar unha cita previa, que se pode solicitar tanto persoal como telefonicamente.
Actividades
Culturais
Cursos: El Arte y Las Artes; formación básica para maiores; actualidade cultural; informática e ingles (iniciación e medio)
Talleres
Debuxo; pintura (acuarela e óleo); encaixe de Camariñas e diversas técnicas de artesanía e manualidades.
Artísticas
Coro e grupo Tepilerar (música tradicional).
Exercicios e técnicas ximnásticas
Exercitación da memoria e estimulación cognitiva; Qi Gong (Chi Kung=yoga chino); ximnasia articular e recreativa e bailes de salón.
Festas
Xantares – baile; festas: de Nadal, entroido e clausura do curso; xuntanzas e festas compartidas con outros centros.
Saídas
Visitas culturais; asistencia a concertos, teatro; actuacións e intercambios musicais; campamento para maiores e sendeirismo ecolóxico.
Solidarias
Colaboración de voluntarios en accións solidarias de ONGs.