Localización, contorno e acceso: situado a 200 metros da Praza de España. Céntrico e ben comunicado.
Localiza o centro no mapa
Características e dependencias
1. Características estructurais
Centro duns 440 m2, inaugurado en 1968 cunha ampliación anexa de 100 m2 realizada en 1998. O local ocupa unha planta baixa distribuída en varios niveis.
2. Dependencias por niveis
Baixo anexo: salas de actividades artísticas, artesanais e aseos.
Nivel 1: entrada principal, hall, conserxería, oficina e salón de actos.
Nivel 2: cafetería, biblioteca-sala de prensa e revistas.
Nivel 3: salas de: billar e masaxe de relaxación, perruquería, gabinete de psicoloxía e aseos.
Nivel 4: salas de: xogos, multiusos e almacéns.
Servicios do centro
Servicios
Biblioteca-sala de prensa e revistas
Préstamo de libros
Cafetería
Préstamo de vídeos
Masaxe de relaxación*
Teléfono público
Perruquería de cabaleiros
Traballo social
Podoloxía*
Para a utilización destos * servicios é necesario concertar unha cita previa, que se pode solicitar tanto persoal como telefonicamente.
Actividades
Culturais
Conferencias; escola de saúde; informática básica, informática de perfeccionamento e internet; cine debate e exposición de fin de curso.
Talleres
Corte e confección; debuxo; manualidades; encaixe e pintura (óleo e acuarela).
Artísticas
Coro; grupo de teatro para nenos e instrumentos musicais de corda.
Exercicios e técnicas ximnásticas
Bailes de salón; ximnasia articular; recreación en piscina; ioga e exercitación da memoria.
Xogos deportivos e recreativos
Obradoiro do humor; concurso de fotografía; exercicios de orientación e concurso de pasatempos.
Festas
Festas: xantar de Nadal, entroido, clausura do curso e xornadas de confraternización.
Saídas
Excursións; visitas culturais; actuacións da Agrupación musical; torneo de bolos; campamento para maiores; actividades interxeracionais e visitas a exposicións e museos.
Solidarias
Punto solidario e biblioteca solidaria.
Medio ambiente
Obradoiro de reciclaxe e punto ecolóxico (recollida de pilas e medicamentos caducados).