Localización, contorno e acceso: situado en pleno centro de Betanzos. Comunicado con A Coruña mediante liña de autobús, con saídas cada media hora, e con outras cidades como Santiago, Lugo e Ferrol con menor frecuencia horaria.
Localiza o centro no mapa
Características e dependencias
1. Características estructurais
O edificio no que se sitúa o centro, inaugurado en marzo de 1985, é a antiga Capela de San Roque que data aproximadamente do século XVII. Foi reconstruída en diversas ocasións, sendo a última en 1984, cando Caixa Galicia restaurou o edificio destinando unha parte do mesmo a instalacións socio-culturais.
2. Dependencias por plantas
Planta baixa: sala de ximnasia.
1ª planta: aula de talleres, salón de actos e sala de billar.
2ª planta: cafetería-sala de xogos, gabinetes de: traballo social e podoloxía, biblioteca-sala de prensa e revistas, sala de masaxe de relaxación e aseos.
Servicios do centro
Servicios
Biblioteca-sala de prensa
Masaxe de relaxación*
Cafetería-sala de xogos
Podoloxía*
Caixeiros automáticos
Préstamo de libros e vídeos
Para a utilización destos * servicios especializados é necesario concertar unha cita previa, que se pode solicitar tanto persoal como telefonicamente.
Actividades
Culturais
Taller cultural; exposicións; representacións e actuacións no centro; cine debate; maraton de lectura e informática.
Talleres
Manualidades e cociña.
Artísticas
Música coral e instrumentos musicais tradicionais.
Exercicios e técnicas ximnásticas
Ximnasia articular; sendeirismo artístico e exercitación da memoria e bailes de salón.
Festas
Xantar de Nadal e clausura do curso.
Saídas
Visitas culturais; excursións; actuacións de grupos musicais; xornadas de confraternización con outros centros e campamento para maiores.