Actividades infantís mariñasA Fundación Mª José Jove e a Obra Social de Caixa Galicia comparten a súa preocupación pola educación medioambiental e o coñecemento do contorno dos máis novos. A través da realización de actividades náuticas nun contorno natural, pretenden educar e concienciar aos máis novos na protección e respecto ao medio ambiente.
Todas as actividades están dirixidas a nenos de entre 8 e 11 anos. Celebraranse nas instalacións de Marina Seca, en Oza / A Coruña.
Aula de Mar: xuño - setembro
A Aula de Mar é unha actividade que combina diferentes actividades, tanto de carácter deportivo como de carácter educativo. Está orientada a nenos da cidade da Coruña e a súa área metropolitana, xa que non contempla aloxamento durante o seu desenvolvemento.
Semana Azul: xullo - agosto
Con igual programa e obxectivos que a Aula de Mar, inclúe aloxamento e pensión completa na residencia Rialta da Coruña e facilita a participación a aqueles nenos procedentes de zonas interiores e con menos acceso ao mar e o seu contorno.
Obxectivos de Aula de Mar e Semana Azul
Duración Aula de Mar e Semana Azul: 5 xornadas. Consulta datas Xornadas de educación medioambiental: marzo - xuño
É unha actividade dunha xornada de duración, de inscrición libre, na que participarán 20 nenos. Gran parte da actividade desenvolverase a bordo dun barco de vela. A xornada inclúe unha sesión de educación medioambiental no Castelo de Santa Cruz. Os nenos estarán acompañados dun biólogo. As xornadas realizaranse as fins de semana. Xornadas de coñecemento medioambiental: abril - maio - xuño
É unha actividade dunha xornada de duración dirixida exclusivamente a colexios na que participarán 20 nenos. Gran parte da actividade desenvolverase a bordo dun barco de vela. A xornada inclúe unha sesión de educación medioambiental no Castelo de Santa Cruz. Os nenos estarán acompañados dun biólogo. As xornadas realizaranse durante a semana.
Obxectivos das xornadas de educación e coñecemento medioambiental
Duración Xornadas de educación e coñecemento medioambiental: 1 xornada durante a fin de semana. Consulta datasComo acceder?
Se estás interesado, debes cubrir e asinar un dos formularios de inscrición:
E envialo por correo ordinario á Fundación Mª José Jove (Polígono de A Grela - Edificio Work Center - C/Galileo Galilei, 4A - 15008 A Coruña) ou á Obra Social de Caixa Galicia (C/ San Andrés, 135-137, 1º - 15003 A Coruña).
Descarga o folleto da actividade.
Recoméndase levar nunha mochila
Infórmate en: http://www.fundacionmariajosejove.org/- 981 160 265 http://www.obrasocialcaixagalicia.es/- 981 188 340 |