Localización, contorno e acceso: situado en pleno centro de Pontevedra, próximo ó parque das Palmeras e á Capela da Peregrina. Dispón de ascensor.
Localiza o centro no mapa
Características e dependencias
1. Características estructurais
Inaugurado o 25 de outubro de 2000, froito da rehabilitación do emblemático edificio "Café Moderno".
2. Dependencias por plantas
Planta baixa: cafetería-sala de xogos, salas de: billar e conferencias, xardín e aseos.
1ª planta: dúas salas de exposicións e aseos.
2ª planta: perruquería, gabinetes de: traballo social, psicoloxía e podoloxía, sala de prensa e revistas, dúas salas de usos múltiples, ciberaula e aseos.
Servicios do centro
Servicios
Cafetería-sala de xogos
Préstamo de libros
Ciberaula
Psicoloxía*
Perruquería*
Sala de prensa e revistas
Podoloxía*
Traballo social
Para a utilización destos * servicios é necesario concertar unha cita previa, que se pode solicitar tanto persoal como telefonicamente.
Actividades
Culturais
Charlas-coloquio; martes culturales; cursos de formación (inglés, informática: informática básica, informática de perfeccionamento, internet); exposicións; representacións e actuacións no centro; cine e debate.
Talleres
Corte e confección; cebuxo; encaixe; manualidades e pintura.
Artísticas
Música coral e grupo de teatro.
Exercicios e técnicas ximnásticas
Baile de salón; ximnasia articular; ioga e exercitación da memoria.
Festas
Xantar de Nadal; entroido e clausura do curso.
Saídas
Visitas culturais; actuacións de grupos teatrais e musicais; xornadas de confraternización con outros centros e campamento para maiores.