Localización, contorno e acceso: situado na rúa do Paseo, rúa céntrica e peonil de Ourense.
Localiza o centro no mapa
Características e dependencias
1. Características estructurais
O edificio está composto por 3 plantas (2ª, 3ª e 4ª) onde se atopan situados os distintos servicios do centro. A entrada non ten barreiras arquitectónicas e conta con ascensor de acceso ó centro de maiores e tamén con aseo para minusválidos.
2. Dependencias por plantas
2ª planta: cafetería-sala de xogos, biblioteca-sala de prensa e revistas, despacho, sala de recreo e aseos.
3ª planta: salón de actos e aseos.
4ª planta: aulas e aseos.
Servicios do centro
Servicios
Biblioteca-sala de prensa e revistas
Salón de actos
Cafetería-sala de xogos
Teléfono público
Préstamo de libros
Traballo social*
Para a utilización deste * servicio é necesario concertar unha cita previa, que se pode solicitar tanto persoal como telefonicamente.
Actividades
Culturais
Conferencias e xornadas monográficas (educación vial, medio ambiente); cursos de formación e escola de saúde; informática: informática básica, informática de perfeccionamento e internet; exposicións; representacións, actuacións no centro e cine debate.
Talleres
Taller de debuxo e acuarela; taller de encaixe; manualidades; taller de pintura ó óleo; taller de cerámica e porcelana.
Artísticas
Coral polifónica; grupo de teatro; instrumentos musicais (grupo de pandeiretas); instrumentos musicais (solfeo e instrumentos).
Exercicios e técnicas ximnásticas
Expresión corporal e ximnasia articular.
Festas
Xantar de Nadal, entroido e clausura do curso.
Saídas
Excursións; actuacións de grupos teatrais e musicais; xornadas de confraternización con outros centros; campamento para maiores e actividades interxeracionais.